100 ANOS DESPOIS DE XOÁN VICENTE VIQUEIRA
   “ Un galego bilingüe ten m a is p roba bilidades d’éxito no mundo   que un galego que non coñeza mais qu’o castelao”  A actualidade das súas palabras é innegable. Neste ano 2024 conmemórase o centenario do pasamento de Xoán Vicente Viqueira, que foi profesor catedrático de Filosofía no noso instituto (daquela denominado aínda Instituto da Coruña ), entre 1917 e 1924, o ano da súa prematura morte con 37 anos . É unha figura senlleira mais pouco coñecida; é lembrado pol o seu labor como activista das Irmandades da Fala, das que chegou a ser presidente, mais esa é toda a información que vemos cada mañá na praca que o recorda  na entrada do IES Eusebio da Guarda.  Viqueira destacou por ser f ilósofo, psicólogo, pedagogo, profesor, escritor, músico,  e un home profundamente galeguista. F oi criado e educado no seo da Institución Libre de Enseñanza de Giner de los Ríos, que era como da familia e botaba os veráns na casa familiar dos Viqueira . Esa  educación liberal e progresista que ...